jueves, 7 de abril de 2011

O NOVO LIBRO DO CLUB DE LECTURA

Lembrades Vaiche boa!, o libro de Paul Jennings que limos na 1ª avaliación? Os ósos que desenterraba Furabolos, as pantasmas do faro, a cola Giffen e os bicos de Superfociños... Pois aquí tendes o novo traballo do autor

Aos seis anos Paul Jennings, colleu o barco  e marchou coa súa familia desde Iglaterra a Australia, onde vive na actualidade. Se ben di que a súa infancia foi feliz, lémbrase perfectamente das cousas desagradables: a idea dos monstros que se cadra se agochaban na sombra e a sensación de ser pequeno e indefenso. É nestes sentimentos da súa nenez nos que furga para atopar o material das súas historias.

De todo iso trata o seu novo libro: Que desfeita!

No hay comentarios:

Publicar un comentario