jueves, 7 de abril de 2011

O NOVO LIBRO DO CLUB DE LECTURA

Lembrades Vaiche boa!, o libro de Paul Jennings que limos na 1ª avaliación? Os ósos que desenterraba Furabolos, as pantasmas do faro, a cola Giffen e os bicos de Superfociños... Pois aquí tendes o novo traballo do autor

Aos seis anos Paul Jennings, colleu o barco  e marchou coa súa familia desde Iglaterra a Australia, onde vive na actualidade. Se ben di que a súa infancia foi feliz, lémbrase perfectamente das cousas desagradables: a idea dos monstros que se cadra se agochaban na sombra e a sensación de ser pequeno e indefenso. É nestes sentimentos da súa nenez nos que furga para atopar o material das súas historias.

De todo iso trata o seu novo libro: Que desfeita!

O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Agora a cousa vai sobre xoguetes... Coñecedes o Museo do Xoguete de Allariz? Paga a pena visitalo.

Aí vos vai unha historia de xoguetes que seguro coñecedes

XA VÍCHEDES ISTO?

Fíxate ben por se recoñeces a alguén!

OPERACIÓN MECAS/OS

Tras unha "intensa" e "rigorosa" etapa de investigación, a rapazada de 1º de ESO A, comprobou que en ningún dicionario galego aparece na entrada da palabra "Meco" a acepción de "habitante do Grove ou persoa natural deste lugar".

Molestas (e molestos) por tan inxusta situación, os estudantes puxéronse en acción.

En moi poucos días habedes saber dos seus proxectos e actividades.

Estade atentas (e atentos)